(fonte: "Diario de Arousa")
O documental "O novo Endem" presentarase no Cine Marino en setembro
A produtora SagaTV presentará o 20 de setembro no Grove a súa produción titulada "O novo Endem" nun dos espazos míticos da cultura da vila, o Cinema Marino.
Tal e como anunciou onte a Axencia Audiovisual Galega, pretendése que se revitalicen os vellos loureiros do cinema coa presentación deste filme, que foi estreado xa na TVG.
A longametraxe documental conta a historia dun barco de pesca que escapa do Grove para fuxir da Guerra Civil.
Así, en agosto de 1937, dezaoito mariñeiros deixan o porto do Grove a bordo dun pesqueiro de 13 metros de eslora, o "Novo Emden". O que semellaba unha saída á costeira do bonito rematou nunha odisea que levou durante 30 anos ese barco por distintas costas do mundo.
Segundo a ficha que achega a productora, "hoxe, no Grove só parece saberse desa historia polo testemuño escrito dun dos donos do barco".
O documental avanza a través das preguntas que se fan distintos veciños do Grove, e das entrevistas aos parentes e mesmo ao único mariñeiro que todavía vive. A obra audiovisual tamén narra a investigación realizada sobre a causa aberta polas autoridades militares do rexime franquista.
"O novo Endem", que será exposto o próximo mes no Grove, tenta atar todos os cabos soltos desta interesante historia.
Unha moi boa noticia, sen dúbida, agardo poder estar ahí e velo. Anímovos a tod@s a ir, é moi interesante, é máis, é parte da historia da nosa vila.
Saúde!
Fdo: Trasno
jueves, agosto 30, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
xan caneda
DE VERGOÑA
Os próximos días 8 e 9 do actual, celebrase en Hungría o Campeonato do Mundo de Maratón de piraguismo. Integran a Selección de España seis palistas de Ogrove, Fredi Bea, Tono Campos, Alvaro Bravo, Cristian Ribadomar, Yoel Alonso e Jaime Dobarro, todos eles con posibilidades de medalla. O que me leva a escribir esta carta de denuncia é as condicións nas que éstes rapaces, a maioría xuvenís, teñen que participar nunha competición o mais alto nivel representando a España, en condicións inferiores os deportistas doutros paises, xa que as Federacións españolas non lles facilitan o material (embarcacións, palas, etc), material que para competir a éste nivel non é barato, e os rapaces, fillos de familias modestas, non están en moitos casos en condicións de afrontar estes gastos, polo cal teñen que buscar axudas, chegados a este punto, a pregunta é ¿entón para que están as Federacións de Galicia e España, en que gastan os directivos os presupostos?, non creo que noutros deportes os deportistas teñan que comprar eles as pelotas, os balons, as canastas, as porterías, etc,etc., o traballo dos deportistas e facer deporte e traballar para conseguir estar no mais alto, e o traballo dos directivos das Federacións debería ser procurarlle ós mesmos os medios materiais axeitados para competir cando menos en igualdade de condicións que os demáis paises, pois estes rapaces están representando a todo un Estado. Gustaríame coñecer en que gastan as Federacións os cartos, polo que parece nos deportistas non, será en viaxes de luxo para eles. En todo caso pareceme de vergoña que os chavales que van representar a España, a Galicia e a Ogrove, teñan que buscarse a vida para ter un material en condicións que entendo que lle debería ser aportado polas Federacións, so con boas palabras e palmadiñas na espalda e sacarse a foto con eles cando gañan non chega e non se consiguen éxitos deportivos. En calqueira caso e a pesar deles, adiante chavales.
Publicar un comentario