"Diario de Arousa" | |
| A Dirección Xeral de Urbanismo está a notificarlle aos propietarios de chalés na urbanización de Rareiros a resolución adoptada xa no 30 de abril, por medio de anuncios no Diario Oficial de Galicia. REDACCIóN > O GROVE | |
A Xunta informa de que declara nula a parcelación e esixe que funcione como aparthotel.
Hai que sinalar que a administración só utilizou omecanismo para dar a coñecer a resolución a aquelas persoas coas que non puido contactar por vía postal, sen que supoña nengunha novidade no disposto hai catro meses.
Esta resolución declara que o uso e destino da edificación incumpre o uso autorizado pola autorización, polo que os 52 apartamentos construidos por Improin constitúen unha parcela urbanística en solo rústico prohibida.
A Xunta ordena que os chalés se agrupen nunha soa parcela e funcione como aparthotel, e a resolución tamén implica o cambio no Rexistro da Propiedade, de xeito que se faga público, e coñecido para calquera interesado no futuro, que xuridicamente non se pode dividir ou segregar a parcela. Por último, declara nula a sociedade civil particular denominada Complexo Turístico Raeiros, aínda que existen recursos presentados.
Esta decisión tomada hai meses é independente da investigación que desenvolve a Garda Civil sobre delitos urbanísticos e non supón o peche ou demolición da urbanización.
Moi ben, de todas formas, nin apartahotel, nin ostias... CONSTRUAMOS ONDE SEXA, ALA!!!! PASÉMONOS POLO FORRO DOS COLLÓNS AS LEIS DE COSTA (500 METROS DA COSTA PARA EDIFICAR????) EU NON VEXO QUE ESTÉ A 500 METROS COMO ESTIPULA A LEI.
NON Á EDIFICACIÓN EN RAEIROS, NON AO CAPITALISMO INMOBILIARIO!
PAREMOS DE VENDER AS NOSAS COSTAS PARA A EDIFICACIÓN.
COSTAS DE CALIDADE, NON URBANIZABLES!
saúde
Fdo: Trasno