domingo, agosto 05, 2007

Franco perderá o título de Alcalde Honorario e Fillo Predilecto da vila

O grupo de goberno do Concello estudará nesta semana a retirada do monolito aos caídos e a anulación oficial do título de Fillo Predilecto e Alcalde da Vila concedido na década de 40 a Franco. Ambas serán aprobadas, entre outras medidas de recuperación da memoria histórica.


O acordo polo cal se nomeou a Franco Alcalde Honorario e Fillo Predilecto podería ser revocado despois de que o Concello inicie nas próximas datas un expediente con esa finalidade.

A concesión dese título tamén levou aparellada a entrega da medalla de ouro da Vila de O Grove, que aínda ostenta oficialmente.

Ademais, O Grove conserva abondosa simboloxía fascista, que tamén podería ser retirada, como a cruz co nome de José Antonio Primo de Rivera na fachada da Igrexa de San Martiño, ou o xugo e as frechas (un símbolo dos Reis Católicos que foi asumido polo falanxismo) en diversas obras públicas coma os lavadoiros.

En relación ao monolito falanxista da Fonte do Galo, hai que sinalar que varios acordos plenarios, xa na etapa postfranquista, tomaron xa a decisión de retirar o monolito, polo que só se trataría de proceder definitivamente á execución dunha decisión xa tomada. Ademais destes acordos, existiron varias iniciativas cidadás para esixir a súa retirada, e sofreu varios ataques que afearon máis o seu aspecto externo.

A súa retirada podería demorarse aínda un tempo despois de que o grupo de goberno a acorde, para efectuar os trámites necesarios e encargar as obras.

O Concello podería iniciar esta semana os trámites para a retirada do monumento, unha iniciativa que provén do concelleiro de Cultura, Antón Mascato, que é tamén membro da Asociación pola Memoria Histórica de O Grove.

Mascato sinala que mantén "o máximo respeto para as familias dos mortos que constan nese monumento", xa que a maioría dos nomes non son asimilables ao símbolo fascistas, e mesmo varios deles simpatizaban coas ideas republicanas ou frentepopulistas e tiveron que morrer en primeira liña de guerra no frente de Huesca ou de Teruel, alistados á forza para salvar a vida.

O goberno do Grove tamén estudará como homenaxear e recuperar a memoria dos represaliados grovenses que foron perseguidos, encarcerados e xulgados pola defensa da República, como Ramón Garrido, Ángel Cadavid, Jacobo Otero ou Xacobe Barral.


(-noticia sacada de "Diario de Arousa"-)

Penso que isto dará moito que falar... aínda que personalmente, penso que isto é "de traca". Non entendo como carallo se poden conservar... "monumentos?" deste tipo, son un insulto á liberdade e democracia que supostamente impera actualmente na nosa vila. Debería terse tirado hai moitos anos. Agora haberá que ouvir, coma sempre, os queixigos e lamentos de catro vellos franquistas e catro personajes do Partido Populoso (recoñecidos ultradereitistas que até hai pouco tempo, con Flanders no sillón, roubaban cartos e falseaban datos do noso concello).

sen máis, me despido;

Trasno

4 comentarios:

Anónimo dijo...

alguien me puede explicar de donde sale ese af�n o mejor dicho miedo que de repente tiene la gente a monumentos o titulos que se dieron o crearon hace ya unos buenos a�os... el tirar una estatua abajo, el sacar un titulo inutil... no va hacer que esa parte de la historia de espa�a desaparezca... sencillamente eso es simple HISTORIA, historia que todos debiamos conocer, y de la cual todos nos teniamos que jartar, ya que somos unos de los pocos paises que supo sobreponerse a una dictadura en un plazo minimo de tiempo.

Anónimo dijo...

ao meu parecer, trabucaste niso de "periodo corto de tiempo". 40 anos, son moitos anos de dictadura machiñ@!
por certo, é "jactar" non "jartar", aprende a escreber.

Anónimo dijo...

te pido perdon, como pude poner jartar... no volverá a suceder, lo siento de verdad, no se como pude incurrir en tal error y dañar de tal manera tu inteligencia, la próxima vez intentaré "escreber" mejor.

pr otro lado querido compañero, a ver si aprendemos a leer, ya que si te fijas pone muy claramente " un pais que --SUPO SOBREPONERSE-- a una dictadura en un periodo mínimo de tiempo" si como les pone SUPO SOBREPONERSE A UNA DICTADURA, Ah,Ah... ya se te encendió la bombilla, si hacertastes me refería a la transición, nuestra querida y maravillosa transición que tan bien llevó adelante nuestro querídisimo Adolfo Suaréz, con la ayuda del no tan querido Don Juan Carlos...

Anónimo dijo...

Solo che faltou poñer ó teu personaxe actual: Manuel Fraga...!!!